Fume

Ti, monstruiño

que habita nos máis fermosos lares,

nunha Arcadia paralela,

idílica, e case case

(ou sen case),

locus amoenus.

Sodes admirables

ti e máis a túa capacidade

de vivir, de sentir, de fluír.

De fuxir.

Podedes apreciar a calma,

a brisa e o vento e,

ás veces, e só ás veces,

incluso o fume.

Un fume que

aspirades e espirades,

aspirades e espirades,

aspirades e espirades,

pechade os ollos…

Pero teño unha pregunta,

sempre hai unha pregunta,

a que aspirades antes de espirar?

Sei que o xogo é cutre,

fala o típico poeta inexperto

(que son eu, reciprocamente),

mais insisto,

contestádeme.

A resposta seina ben,

é carpe diem,

vivir a vida,

que é curta,

e pasa pronto,

e son dous días,

e hai que gozala,

xa o sei.

E devolvo eu

(figuradamente)

(isto parece teatro xa),

é fume a vida?

O fume é un resto

do que un día ardeu

e do que un día fostes,

do que un día rematou e,

antes de marchar

definitivamente co vento,

decidiu deixar mínimo rastro

do que un día foi.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s