Isto era un neno que, canto máis medraba, máis pequeno se facía, porque tiña un gran corazón. Aqueles que lle dicían que ser bo era moi bo, polo xeral, marchaban cos malos e o desprezo destes foille forxando unha armadura. Un día, farto da soidade, creu que sendo tamén el malo liberaríase do seu peso e atacouse ao “carpe diem”, cun certo control incontrolable. Intentou ser coma eles, cun moderado éxito, só para rematar por descubrir que xa non era quen de quitar esa angustiosa armadura. Entón, nun intento desesperado de por fin á frustración caeu nunha inocente maldade perversa que exerceu de forte bofetada de realidade e, coa súa cabeza no sitio, coa súa mente botando fume, fixo estourar as cadeas que el mesmo construíra, pinchou a burbulla. Con profunda crise, claro. Agora vive consciente e sabe como ser feliz, sen armadura. Se a felicidade é un punto previo á consecución de obxectivos ao que chamamos ilusión, el prefire non chegar á meta, porque é a única forma de alcanzala, e ser feliz. Se busca ser feliz, pero non o é, é porque xa o é, e desta maneira non o é (paradoxo, paradoxo, paradoxo). Acaba de baixar do tren branco e negro e contempla por primeira vez a estación gris. Un apaixonante mundo inmundo de ilusións desilusionantes cheo de despaixón.
Fecundación da
Enerxía coa
Ledicia e coa
Ilusión.
Contradición.
Infinita.
Dicotomía.
Absoluta.
Dualidade.
Esperanzadora.
ou
Exclusiva.
Diversidade
Ascendente.
Descenso
Intergaláctica.
Constelación
Ilegal.
Liberdade
Eterna .
Fugacidade