Quen son? Que pretendo?

Para que serve facer unha presentación nun blog se realmente non hai modo algún de comprobar a veracidade da información? Quero dicir, agora mesmo eu ben podería ser un crocodilo escribindo dende un cybercafé de Nova York para comunicarse coa súa familia (que está no zoo de Lisboa) ou quizais un descendente do Papa Xullo II que quere deixar constancia do seu paso por Pisa nas súas últimas vacacións. Tamén podería ser un mero estudante que quere matar o tempo dende algún lugar alonxado da súa casa. Nas vosas mans está decidir cal das tres versións crer. Eu metería os meus cartos á do crocodilo.

Para que serve definir para que serve un blog se non hai modo algún de saber se esa utilidade definida vai ser prorrogada no tempo? Quero dicir, pode ser que isto sexa parte dunha nota de suicidio sen sabelo ou pode ser que prometa subir contido asiduamente e en dúas semanas estea moi ocupado (ben sexa estudando, facendo cousas de crocodilos ou buscando a un descendente de Miguel Anxo con quen discutir). Ante esta terrible dicotomía quedo en silencio.

Non esperedes gran cousa de min,

Autodiegético.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s